jueves, 21 de octubre de 2021

LINGUA GALEGA E LITERATURA

 Esta asignatura a da Lupe, temos 3 horas á semana.

Estivemos dando a parte teórica da cal temos exame o venres 22. A parte teórica consta na sociolingüística, estereotipos e prexuizos lingüísticos e historia da normativización,  e literatura a poesía das Irmandades de Fala, a poesía de vangarda, a prosa do primeiro terzo de século XX e o teatro de primeiro terzo do século XX.

A POESÍA DE VANGARDA: 

Nas primeiras décadas do século XX, en Europa, un movemento de renovación estética revolucionou todos os aspectos da arte; é o que se denominou xenericamente vangardas. Estas contan con diferentes correntes estéticas que se denominan ismos. Algúns dos postulados que defendían as vangardas son: -a reivindicación da materia artística como algo autónomo -o espírito rebelde e provocador fronte á tradición estética e as normas -a defensa da liberdade e modernidade creadora e da orixinalidade Algúns destes ismos (futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo, creacionismo...) producirán unha especial influencia na literatura galega, tanto en aspectos temáticos como nos formais: En Galicia, unha nova xeración de poetas, nacidos arredor de 1900 e coñecidos como xeración de 1925, xeración de vangarda ou do 22, vanse aproximar ás vangardas europeas, fomentando o enxebrismo da nosa arte e da nosa literatura. Polo tanto, os ismos galegos son unha mestura de tradición e modernidade. 

Dentro deles podemos falar de dúas tendencias; .A dos ismos que seguen liñas poéticas xa existentes en Galicia: hilozoísmo e neotrobadorismo ·A tendencia que rompe coa tradición anterior: creacionismo e surrealismo O hilozoísmo, tamén denominado imaxinismo, xorde da tradición literaria paisaxística cultivada por Rosalía, Noriega e Cabanillas, entre outros, combinada con recursos vangardistas. Caracterízase polo personificación da natureza; a sucesión de imaxes plásticas, os elementos visuais e auditivos; o predominio da cor viva e rechamante e a métrica sinxela. 

O principal representante é Luís Amado Carballo coa obra titulada Proel (1927) O neotrobadorismo xorde polo descubrimento da poesía medieval galego-portuguesa, máis en concreto pola súa difusión a partir de 1928. Baséase na tradición, imitando a cantiga de amigo e de amor. Caracterízase pola perfección formal, polo uso de procedementos estilísitcos das cantigas galego-portuguesas -paralelismo, refrán, ás veces lexaprén-, pero cunha linguaxe poética e unhas imaxes propias do século XX. 

Os autores máis representativos son: Fermín Bouza Brey coa obra Nao senlleira (1933) e Álvaro Cunqueiro, coa obra Cantiga nova que se chama riveira (1933). O creacionismo supón un fito illado na nosa literatura, ademais de ser o único movemento plenamente vangardista, orixinal e universalista. Prescinde da imitación realista, pois o poeta pretende crear unha realidade autónoma. Caracterízase pola superposición de imaxes e a exclusión da musicalidade e da rima. Este movemento en Galicia foi exclusivo de Manuel Antonio do que destaca a súa única obra publicada en vida, obra fundamental e un dos cumes da poesía galega de todos os tempos: De catro a catro (1928). 

Esta obra supón o inicio da vangarda plena polo seu carácter innovador, audaz e rupturista, tanto no plano da forma coma no do contido: innovadora disposición tipográfica, ausencia de ritmo e rima, inexistencia de lóxica gramatical, metáforas inusuais, falta de espazo e de tempo. Todos estes elementos conformarán unha visión do mar insólita no panorama literario galego. A poesía de Manuel Antonio supón unha decisiva ruptura coa tradición lírica galega e presenta unha tripla orixinalidade: lingüística -tecnicismos, estranxeirismos e cultismos-, temática -o mar visto desde o propio mar-, e formal -tratamento rupturista-. 

O surrealismo nas nosas letras vén da man de Álvaro Cunqueiro coa súa obra Poemas do si e do non (1933), aínda que dun xeito inxenuo e sentimental. Tamén Manuel Luís Acuña coa súa obra Fírgoas (1933) presenta algúns dos poemas máis singulares desta época, apoiándose na economía verbal e a eliminación do elemento narrativo. 

Luís Pimentel do que destaca a súa obra póstuma Sombra do aire na herba (1959), móstranos un universo poético constituído por seres e obxectos que convidan á intimidade e ao recollemento -nenos, hospitais, prazas baleiras, xardíns,...-. A súa poesía está chea de musicalidade, pero tendendo ás veces ao surrealismo.



http://www.edu.xunta.gal/centros/iesastelleiras/?q=system/files/A+poes%C3%ADa+de+vangarda.+Caracter%C3%ADsticas%2C+autores+e+obras+representativas..pdf


No hay comentarios:

Publicar un comentario

HISTORIA DE LA FILOSOFÍA

NIETZSCHE (Röcken, actual Alemania, 1844 - Weimar, id., 1900) Filósofo alemán, nacionalizado suizo. Su abuelo y su padre fueron pastores pro...