miércoles, 10 de noviembre de 2021

LINGUA GALEGA E LITERATURA

 OTERO PEDRAYO 

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

 A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

OBRAS EN GALEGO

Narrativa

  • ·         Pantelas, home libre (relatos breves; Lar, 1925).
  • ·        O purgatorio de don Ramiro (relatos breves, 1926).
  • ·         Escrito na néboa (relatos breves, Lar, 1927).
  • ·         Os camiños da vida (novela en tres libros; Nós, 1928). 

  • ·         Pelerinaxes I (libro de viaxes, Nós, 1929).
  • ·         Arredor de si (novela, Nós, 1930).
  • ·         Vidas non paralelas (1930).
  • ·         Contos do camiño e da rúa (relatos breves, Nós, 1932).
  • ·         Fra Vernero (novela, Nós, 1934).
  • ·         A romeiría de Xelmírez (novela histórica, Nós, 1934).
  • ·         Devalar (novela, Nós, 1935).
  • ·         O mesón dos ermos (novela, Editorial Alauda, 1936).
  • ·         Entre a vendima e a castañeira (relatos breves; Galaxia, 1957).
  • ·         O Señorito da Reboraina (novela, Editorial Galaxia, 1960).
  • ·         O Espello na serán. Entre o Pedroso e o Viso (1966, Galaxia).
  • ·          O Maroutallo (relatos breves, Edicións Castrelos, 1974).
  • ·          O fidalgo e outras narracións (relatos; BBdCG, Galaxia, 1982).
  • ·         Contos de santos e nadal (Editorial Galaxia, 1988).



https://es.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Otero_Pedrayo 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

HISTORIA DE LA FILOSOFÍA

NIETZSCHE (Röcken, actual Alemania, 1844 - Weimar, id., 1900) Filósofo alemán, nacionalizado suizo. Su abuelo y su padre fueron pastores pro...